Benvid@ Quintáns- Muxía (A Coruña)
"Quen puidese andar sobre as augas verdes deste mar.
E polo aire gris quen puidese, mar grande, deixarse ir.
Mar de Muxía
que na súa barca de pedra me levaría"
José Ángel Valente
Entre Malpica e Fisterra esténdese A Costa da Morte, chamada así polos numerosos naufraxios que nesta costa aconteceron e por antigos cultos pagáns relacionados co tránsito do alma.
No corazón da Costa da Morte, para moitos a costa máis fermosa de Galicia e da Península debido á forza da natureza e o salvaxe das súas praias, atópase Muxía, vila mariñeira por excelencia.
E en Muxía, nunha zona moi tranquila chamada Quintáns, está Casa Ogando , a escasos 2 km. das praias nun dos lugares máis especiais da terra galega, onde o visitante pode pasear e gozar dunha paz sen igual, relaxarse unha fin de semana ou pasar unhas vacacións completas coa familia.
Esperámolo...